
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Cerponzóns (San Vicente)
Lugar: A Balea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro cunha cruz de brazos cilíndricos que amosa a Virxe Gloriosa coroada por dous anxos que se estenden ao longo dos brazos da cruz. Tres querubíns sérvenlle de peaña a Virxe. Polo reverso vemos un Cristo de labra tosca coa cabeza inclinada cara adiante e un santiño axeonllado a súa dereita sobre unha peaña que recolle o sangue que mana da ferida do costado.
O capitel é composto con volutas angulares e querubíns na parte central mais non hai caveira sobre tibias. Os motivos vexetais son substituídos por un patrón de formas xeométricas a base de pequenas bolas.
O varal é oitavado coa parte inferior de sección cadrada. Nesta sección, a superficie está moi erosionada pero semella que no seu día houbo algún tipo de labra. Na parte media do varal, pola parte frontal vemos dous santiños un a carón doutro case que en relevo, pero a superficie está moi erosionada polo que non fumos que recoñecer os seus atributos e interpretar a súa identidade.
O conxunto érguese sobre un baseamento de arestas redondeadas cun oco rectangular labrado na faceta superior pola parte frontal. Non se aprecian restos de epígrafes. A plataforma é de planta cadrada con tres chanzos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4703667621Lonxitude: -8.6403554678
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Xuñ 17, 2015
Este cruceiro posuía un retablo de ánimas no que aparecía Cristo cravado na cruz, asistido por San Francisco e unha Virxe. Na súa parte inferior aparecían catro almiñas.
Por debaixo do retablo existía unha inscrición pouco lexible:
“ESTA OBRA LA HIZO …”.
Máis info:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998