Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Sanxenxo
Parroquia: Padriñán (San Xenxo)
Lugar: Padriñán
Outra denominación do ben: Pazo do Virrey
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificado en torno aos anos 1710 e 1758, trátase dunha construción barroca cunha fachada mirando a oriente e outra lateral orientada ao sur. En ambas dispóñense balcóns de pedra con peitorís de ferro forxado e gárgolas nas esquinas. A través do portal de entrada dáse paso a unha sala cuberta en cuxas paredes atópanse aneis de ferro para amarra-las cabalerías. Dende esta sala accédese ao patio de columnas, que a modo de soportais, sosteñen a balconada de carpintería de madeira da solaina da planta principal ou vivenda. A esta planta sóbese por unha escaleira de pedra situada ao fondo a man dereita. Situados no mesmo patio, tamén se atopan uns chanzos de pedra que levan á entrada do forno e por outro lado ás bodegas.
A fachada esta engalanada con dous escudos. Un de tipo alegórico sobre o portal mais outro, engastado na parede, coas armas dos Prego, Soutomaior, Valladares Sandoval, Figueroa e Romay.
Rematan as fachadas un peitoril de pedra almenada con adornos de bolas nas esquinas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Disque foi mandado construir no ano 1538 por un home da vila de Sanxenxo que sendo mozo foi como voluntario con Hernán Cortes na conquista de Mexico onde gañou fortuna chegando a se-lo vicerrei de Nueva España. Por isto se lle coñece na vila como o Pazo do “Virrey”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
CUADRADO, Luís: “La Villa de Sanxenxo”. Pontevedra, Revista Museo de Pontevedra, 1981 (Vol. XXXV, pp. 305, 312-316).
GARCÍA ALÉN, Alfredo: “Inventario arqueológico y artístico”. pONTEVEDRA, Revista Museo de Pontevedra, 1981 (pp. 328, lam. LII, LIII e LIV).
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANXENXO/documents/0927CA008.pdf (p. 1)
“Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra. Catálogo: Inventario de Patrimonio Cultural”. Dispoñible en: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA005.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Oxidaciones dos materiais ferricos das fiestras así como falta de coidados da madeiras das portas. Conta con engadidos en fabrica de ladrillos e cemento do século pasado.
Onde está localizado
Latitude: 42.4062721491Lonxitude: -8.80521208048
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84