Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: Camposancos (Santa Isabel)
Lugar: O Couto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Marco de termo formado por unha pedra fincada no chan nunha ubicación distinta á orixinal. unha sección case cadrada, cunhas medidas que rondan o metro de altura e os 30 cm. de ancho.
Posúe varias inscricións: na cara da esquerda ten catro A e oito cruces e pola parte dereita un R con dúas cruces de fronte e outro R con dúas cruces.
Este marco atópase ao lado esquerdo da entrada ao camiño central do barrio do Couto, xunto ao transformador eléctrico.
O Couto de Camposancos comeza a a configurarse no século XII ó incorporarse as súas terras ao mosteiro de Barrantes (Tomiño). O extinguirse o mosteiro no ano 1436 o couto de Camposancos pasou a depender do Cabildo da Catedral de Tui ata a desamortización do XIX que o despoxaron del.
Os veciños, previo pago de 9628,13 pesetas adiantadas por Joaquín Alonso, conseguen redimir o foro e escriturar no seu favor a propiedade no 1870.
Vulgarmente, a parte comunal do foro que non pasou a propiedade privada e que antes da redención se viña aproveitando colectivamente, dáselle o nome de O Couto.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://catalogaciondepedrafitasdegalicia.blogspot.com.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.8887864282Lonxitude: -8.85759025812
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84