
Outra fotografía:

Tipo de ben: Fortificacións urbanas, Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: A Guarda / Baixo Miño (comarca)
Parroquia: A Guarda (Santa María)
Lugar: Paseo Marítimo
Outra denominación do ben: Museo do Mar
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XX,
Descrición:
Edificación circular duns 20 metros de diámetro e oito de altura. Posúe tres garitas de vixilancia na súa parte superior. O seu interior, hoxe diáfano, constaba dunha cámara abovedada e o polvorín, circundada por unha galería tamén abovedada
Esta construción é unha réplica da antiga Atalaia construída no ano 1665 polo exército portugués cando A Guarda estivo no seu poder. A súa función era defender a entrada do porto guardés cando A Guarda, conquistada polo xeneral luso Conde Prado de Cela estivo no poder do exército luso (1665-1668) durante a guerra da Independencia de Portugal (1640-1668).
Foi reedificada no ano 1779 para protexerse dos ataques dos piratas africanos, e é dotada dunha batería armamentística do calibre 12. Posteriormente utilizouse como faro.
O edificio orixinal foi destruído no ano 1943 con motivo das obras de construción do peirao, e reconstruído en 1997 no paseo marítimo, en fronte do lugar orixinal.
Hoxe en día acolle o Museo do Mar, no que podemos ver unha mostra do patrimonio etnográfico relacionado co mundo da pesca que durante 20 anos foi recuperando a agrupación Anabam (Asociación Naturalista do Baixo Miño); e unha colección de cunchas de todos os mares do mundo (colección realizada polo malacólogo Ignacio Navarro), corais, algas e outras especies mariñas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.galiciasuroeste.info/varios/atalaya.htm
http://www.galiciasuroeste.info/varios/atalaia.htm
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/aguarda/museomar.html#.U42hEnJ_uuI
BIBLIOGRAFÍA
BLANCO-ROTEA, Rebeca. “Arquitectura y paisaje. Aproximaciones desde la arqueología” (En liña: https://www.academia.edu/35273050/Arquitectura_y_paisaje._Aproximaciones_desde_la_arqueolog%C3%ADa)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9025884674Lonxitude: -8.88015568256
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84