
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Lugo
Parroquia: Adai (Santa María Madanela)
Lugar: Adai
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Rocha granítica sobre a que se localizan dous grupos de gravuras. O primeiro conxunto está formado por 24 motivos circulares con cruz central, con distintos diámetros. Aparecen combinados con 12 coviñas e un motivo de difícil interpretación conformado por sucos en disposición cuadrangular e un suco de saída que se comunica cunha pía. Un segundo panel localízase na vertente occidental da rocha, con cinco círculos con cruz central.
O segundo conxunto atópase preto do anterior, presenta varios motivos circulares con cruz central.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza_10.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Os petroglifos atópanse nas inmediacións da anta de Adai.
Onde está localizado
Latitude: 43.0194742411Lonxitude: -7.61798858643
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Oscar Franco says:
Dec 12, 2016
O meu amigo XABIER MOURE ten a localización destes petróglifos un pouco desviada. No seu mapa ten situado ó que se denomina “Castrillón de Adai”.
A localización exacta dos petróglifos é: 43.017511, -7.616415
Oscar Franco says:
Dec 12, 2016
Fotografía da miña visita do 29 de outubro de 2016.
Oscar Franco says:
Dec 12, 2016
Pía con suco de saída.
Oscar Franco says:
Dec 12, 2016
Outra vista da primeira das fotos desta ficha.