Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: O Porriño
Parroquia: Porriño, O. (Santa María)
Lugar: Ramiráns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Esta vivenda unifamiliar sita no Porriño foi proxectada por Desiderio Pernas e construída no ano 1964 ao mesmo tempo que a Casa Pernas, a primeira obra do arquitecto na súa cidade natal de Vigo. Trátase dun edificio alongado e compacto, de grandes fiestras ate o teito. Con dúas entradas á vivenda, dispón dunha entrada principal cunhas escaleiras en voadizo, como era moda nos anos 60 do século pasado. O tellado sobresae dos muros do edificio, ten catro augas e moi pouca pendente. Na parte dianteira, a casa, que está construída sobre o garaxe, ten unha terraza cunha varanda de listóns de ferro que lle proporciona ao conxunto unha marcada horizontalidade, como era sinal de identidade do arquitecto. As paredes da casa son de dous tipos: bloques de granito do Porriño ben traballado e unidos por un releve pintado de branco ou pedras máis rústicas unidas por unha pequena canle en baixorelevo. Ao estar orientada ao sur, estas paredes presentan unha agradable sensación de relevo co cambio de posición do Sol durante o día.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://archive.today/qY5d

http://gl.wikipedia.org/wiki/Desiderio_Pernas


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1651698155
Lonxitude: -8.61836671829
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84