Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Poio
Parroquia: Poio (San Xoán)
Lugar: Casalvito
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Palleira senlleira por amosar tres pés por cada beira, cunha distribución curiosa con tres pés soportando as paredes testeiras e unha no costal, aínda que a planta é rectangular, tendo deste modo un total de oito pés.

Os pés son oitavados e érguense sobre basas, e rematan nun tornarratos cilíndrico. As paredes testeiras son lisas e macizas a non ser por uns pequeno ocos na base dos perpiaños das filas primeira e segunda. As pedras de cantería de granito van tomadas con morteiro e anacos doutro tipo de pedra sedimentaria.

Nas paredes costais, piares de granito enmarcando os pasaventos, que no seu día foron feitos con doelas de madeira. Tanto o piso como a cuberta foron, no seu día feitos con carpintería de madeira estando o teito cuberto con tellas segundo o testemuño dun veciño. Aínda conserva o marco da porta no costal de sombra que só ten un metro de alto.

Os pés salvan o desnivel do terreo erguendo a caixa do chan entre un 1m. e 65cm. aproximadamente, sendo as medidas da caixa de 6m. de longo por 2,20 m. de ancho. A altura da mesma era aproximadamente de 2m. ata o extremo superior do pinche. As padieiras sobresaen da parede testeira que mira ao este.

Actualmente consérvase parcialmente derrubada pola parede costal que mira ao sur, estando o tornarratos central desta parede partido. Aínda conserva os penais sobre as paredes testeiras pola outra banda. Non se conserva ningún dos elementos que orixinalmente ían feitos en madeira.

A palleira atópase a carón das ruínas dunha vella casa de pedra con portalón alintelado de entrada ao eirado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Decreto 449/1973 de 22 de febrero por el que se colocan bajo la protección del Estado los “hórreos” o “cabazos” antiguos existentes en Asturias y Galicia. B.O.E. número 62, 13 de marzo de 1973.
Dispoñible en:https://www.boe.es/boe/dias/1973/03/13/pdfs/A05042-05043.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A Palleira está parcialmente derrubada. Un dos tornarratos está partido polo que sería necesario reemplazalo en caso de reconstrución.


Onde está localizado

Latitude: 42.43861319
Lonxitude: -8.7002786994
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84