Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas de Reis
Parroquia: Caldas de Reis (Santa María)
Lugar: Rúa alhóndiga
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular cunha moldura circular enriba. O varal é octogonal comezando en cadrado cunha figura sobre pedestal pola parte do reverso. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo octogonal e ábaco cadrado de lados rectos ademáis de distintas figuras. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con mediacana e remates florenzados con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O pano de pureza semella estar anoado cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada co Neno no colo. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CALDASDEREIS/documents/0732CA001.pdf (páx.4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6051751454
Lonxitude: -8.64284738903
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84