
Outra fotografía:
Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: O Porriño / Ponteareas
Parroquia: Xinzo (Santa Mariña) // Cans (Santo Estevo)
Lugar: O Confurco // A Buraca
Outra denominación do ben: Túnel de Cans
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
O túnel de Confurco é unha obra de principios do século XX. A súa función era salvar a altura xeográfica que divide as vilas de Porriño e Ponteareas para unir por medio da vía férrea as localidades de Vigo, Porriño, Ponteareas e Mondariz. Nun principio a súa lonxitude era de 1 quilómetro de largo.
Hoxe en día é posible ver soamente a parte superior da boca de entrada do túnel pola marxe da parroquia de Xinzo (Ponteareas), no que podemos ver as dovelas de entrada feitas en pedra. A boca atópase bloqueada a propósito por unha montaña de area.
Pola marxe de Cans (O Porriño) a boca de entrada foi tapiada con formigón durante a construción da autovía A-52, ademais de estar todo oculto pola maleza.
Segundo contan, o proxecto non se rematou por diferentes causas:
* Contan que o trazado do túnel era erróneo e que as bocas nunca se chegaron a xuntar.
* Contan tamén que o proxecto parouse por mor dun gran accidente onde morreron sepultados decenas de traballadores.
* A existencia de numerosas balsas de aguas fixeron imposible o traballo.
* No momento da súa construción da comezo a I Guerra Mundial, o que limitou a chegada de materias procedentes de Europa.
Este proxecto de mellora das vías de comunicación foi posible grazas a D. Enrique Peinador, empresario e dono do Balneario de Mondariz. Sabedor do auxe e esplendor do lugar, sabía que era necesario mellorar as liñas de comunicación que chegaban dende o porto de Vigo Impulsa a construción da vía férrea para unir por tranvía as localidades de Vigo e Mondariz.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://maps.google.es/maps/ms?ie=UTF8&t=h&source=embed&oe=UTF8&msa=0&msid=100381688756739355985.00044d98d0a4c1cf848c8
http://www.spanishrailway.com/2012/05/23/tranvia-de-mondariz-a-vigo-y-porrino/
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/ponteareas/tunelcans.html#.U5VoJnJ_uuI
http://www.farodevigo.es/comarcas/2013/09/10/alegaciones-reclaman-pxom-ponteareano-conserve/874785.html
http://euroferroviarios.net/index.php?name=Reviews&req=showcontent&id=4690
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
No aceso á boca do túnel polo marxe de Xinzo atópase un verquido de entullo e produtos químicos dunha empresa de cantería que se atopa nos arredores.
Onde está localizado
Latitude: 42.1760187744Lonxitude: -8.57655912638
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Xuñ 3, 2016
A prensa escrita do 2 de xuño de 2016 recolle a nova da petición do arqueólogo Alberte Reboreda para incluir este ben no PXOM do Concello de Ponteareas:
http://www.farodevigo.es/comarcas/2016/06/02/pxom-ponteareas-conserva-tunel-tranvia/1472106.html