Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: San Xurxo de Salceda (San Xurxo)
Lugar: Mariña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Peto de ánimas formado por unha base de planta rectangular e unha repisa coas arestas rebaixadas no que aparece o caixa para as esmolas.
A fornela ten forma rectangular cun frontón curvilíneo e con dúas columnas en relevo aos seus lados. Nel aparece o retablo, de pedra sen policromar no que aparece a Virxe do Carmen acompañada de dous anxos que liberan do lume a outras dúas ánimas. Á esquerda podemos contemplar a Virxe María que baixou ao purgatorio para consolar cun pano a unha das almas que purgan os seus pecados. A escena complétase con cinco ánimas máis.
A continuación da fornela aparece unha pequena imaxe de Santo Antonio Antonio sobre peaña, rodeada dunha grilanda ao seu arredor. No cume aparece unha imaxe da Virxe do Carme.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
PXOM CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ano 2015 (Ficha E-PA-003 – Páxina 200)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=17754&ctre=56&volverFicha=true

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO, 1998

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Algunhas cabezas dos anxos do retablo foron arrincados.


Onde está localizado

Latitude: 42.1113961009
Lonxitude: -8.56674492359
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84