
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Lugo
Lugar: Praza do Campo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Fonte de época barroca que se atopa na Praza do Campo. Foi feita en pedra no ano 1734 polo arquitecto beneditino frei Manuel de los Mártires baixo o mandato do Bispo Izquierdo y Távira.
Está formada por un vaso circular. No centro eríxese un varal moldurado e moi decorado no que destaca a estatua pétrea do dominico San Vicente Ferrer en actitude predicadora.
Os catro canos de auga xorden das bocas dos leóns que se atopan na parte baixa da estatua.
Antigamente a auga que manaba nela proviña da fonte do Castiñeiriño a través dun acueduto, hoxe desaparecido.
Polos seus canos se fai saír viño tinto nas festas de San Froilán.
En decembro de 2016 a fonte sufre un acto vandálico que ten como resultado a rotura da súa parte superior.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.patronatodeturismodelugo.es/puntointeres.php?id=2614
*Enlaces sobre o acto vandálico de decembro de 2016:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2016/12/17/destrozan-figura-san-vicente-fuente-praza-do-campo/00031481971626436612616.htm
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/654506/cultura-decidira-si-se-talla-otra-cabeza-para-san-vicente
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2017/02/12/ultimado-proyecto-restaurar-fuente-san-vicente-6000-euros/0003_201702L12C29915.htm
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/661304/la-restauracion-de-la-talla-de-san-vicente-costara-unos-6000-euros
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0101249859Lonxitude: -7.55861654878
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Dec 17, 2016
Unha auténtica animalada !!! :
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2016/12/17/destrozan-figura-san-vicente-fuente-praza-do-campo/00031481971626436612616.htm
Oscar Franco says:
Feb 1, 2017
Noticia da prensa escrita do 28 de xaneiro de 2017:
http://elprogreso.galiciae.com/noticia/654506/cultura-decidira-si-se-talla-otra-cabeza-para-san-vicente