Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: Acevedo
Outra denominación do ben: A Cruz
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Cruz atópase no inicio do “Camiño Vello” que unía os lugares de Acevedo e Ponte Sampaio e que discorre case paralelo á carretera actual.

O conxunto consta dunha cruz cadrada feita en pedra, cun pequeno rebaixe na súa parte central. A cruz atópase apoiada nun penedo natural que presenta diversos gravados: varios petroglifos, entre os que destacan un antropomorfo e varios cruciformes, e un rebaixe xeométrico de recente factura.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

Esta Cruz do Forniño aparece debuxada no libro de Castelao “As cruces de pedra na Galiza”. Sobre ela o intelectual recolle o seguinte:  “Outro megalito que hai en Sampaio presenta unha vinca na base, e según nos dixeron é a “cama” que formou unha serpente que alí adoitaba enroscarse”.

Conta a tradición que, antigamente, os defuntos eran levados a ombreiros ata a parroquia, en Ponte Sampaio. Tanto de Acevedo como da veciña aldea Comboa (Concello de Soutomaior), que tamén tiñan (algúns) sepultura en Ponte Sampaio. A tradición di que os cadaleitos iban abertos ata chegaren á Cruz, onde se lles rezaba un responso e se pechaban.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Reboreda Carreira, Alberte (Coord.),Dapena Sieiro, María, Lueiro, Xoán Ignacio, Faro Álvarez, Raquel.“Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio” Concello de Pontevedra. 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3507720162
Lonxitude: -8.59535604715
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84