Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: Acevedo
Outra denominación do ben: Capela de San Xosé de Largavista
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A capela consta dunha edificación feita a base de perpiaño regular na fachada, e algo máis irregular no resto dos muros. Posúe planta rectangular con cuberta a dúas augas.
Na fachada principal destaca a súa porta de aceso alintelada. Por riba dela aparece unha inscrición que di: “ESTA CAPILLA (e) CASA ACEBEDO DATO(se) E(n) 1811 ARANLO COMO DIESTRO”.
Outra interpretación desta inscrición (Ver comentario de David Conde) di o seguinte:
“ESTA CAPILLA I CASA HIZO EL LICENCIADO DON ANTONIO FIGUEROA I ARAÚJO COMISARIO (ou COMENDADOR) DEL SANTO OFICIO”

Tamén podemos ver un pequeno escudo labrado en baixorrelevo cortado en dous no que se insiren seis roeles. Detrás do brasón disponse unha cruz da modalidade de Alcántara e Calatrava.
A fachada remata cunha espadana dun so oco e cunha cruz pétrea no alto.

No interior destaca unha fornela con repisa baixo arco conopial, cos bordes labrados en altorrelevo e coloreados cunha cor ocre escura. Na parte alta aparece unha pequena cruz latina sen figuración.
Nos días de festa dita fornela acolle unha imaxe do patrón.

A finais do século XIX a capela foi restaurada; segundo volve contar no comentario a esta ficha de David Conde, a súa tataraboa cantaba esta copra:

“Ai!Que cansadiña veño
de carrexa-la madeira
pra lle facer a capela
a San José da Landreira.”

A denominación de San Xosé de Largavista ven dada por ser este o nome das propiedades da capela.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición popular recolle que houbo un convento nese lugar, do que se aproveitaron as pedras para a construcción da actual vivenda (deshabitada e ruinosa) que se atopa de fronte da capela. Algo así tivo que suceder, pois aínda que non se menciona aquí, o recinto conta con dúas pías de lavadoiro labradas en bos porpiaños, unha fonte monumental con asentos corridos e un pombal. Asimesmo, a entrada monumental (algo arruínada) non é a propia dunha vivenda.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Reboreda Carreira, Alberte (Coord.),Dapena Sieiro, María, Lueiro, Xoán Ignacio, Faro Álvarez, Raquel.“Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio” Concello de Pontevedra. 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3495499504
Lonxitude: -8.59668508172
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84