
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Paramos (Santa María)
Lugar: Paramos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Segundo nos describe Xerardo Agrafoxo, o castro aproveita un pequeno outeiro rochoso, de chan irregular con profundos desniveis interiores, e situado nunha ladeira. Presenta unha forma ovalada no seu único recinto central e aproveita a parte media de dita ladeira e que só se eleva suavemente en relación coas terras máis próximas do sector meridional. As condicións defensivas non son as mellores, pois a ladeira só amosa pendentes claras nun só sector e carece polo tanto dun control do territorio e unha protección doada dunha parte importante do recinto. A croa, bastante irregular, componse dun recinto dividido en dúas partes por un sector central que vai de leste a oeste, e que se eleva por enriba do nivel da acrópole situado na banda norte e que pode actuar amodo de elemento defensivo ou pequeno foso. Arrodea a esta acrópole un parapeto de dimensións importantes por toda a banda meridional, dende poñente a levante, e que conserva tódalas súas magnitudes e proporcións ata o camiño que se adentra na croa. As medidas desta serían 60 m. de norte a sur e 70 de leste a oeste. A día de hoxe está cuberto de abundante vexetación e arborado. Na foto secundaria da ficha podemos ver unha montaxe cos planos de pendentes do ano 2009 e un Lidar da zona do asentamento.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra, Ed. Sementeira,1992. ISBN 84-87848-02-8 (pax 166)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALDODUBRA/documents/0394CA002.pdf
(pax 59)
http://contalocal.com/valdodubra/PXOM/VAL-AIE01-09-CATALOGO/LISTADOS/R00_INDICE%20CATALOGO.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9913938375Lonxitude: -8.68687033653
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84