
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Entenza (Santos Xusto e Pastor)
Lugar: Pedracarballa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Capela feita a base de perpiaño granítico e teitume a dúas augas con remates en pináculos piramidais. Na fachada principal podemos ver unha porta de entrada de arco de medio punto con doelas, e un escudo dos Pinedas. Na parte alta aparece a espadana dun só oco de arco de medio punto e coroada por dous pináculos piramidais con bola nos extremos e cruz central.
Esta capela atópase pchada polos seus laterais por dous portalóns metálicos de entrada ás propiedades particulares dos veciños.
No interior conserva un pequeno retablo con tres fornelas. A central ocúpaa San Brais, e as laterais San Xoaquín e Santa Ana, aos pés da Virxe María.
A capela foi restaurada no ano 1990 segundo reza unha placa que aparece na súa fachada principal.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA005.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA002.pdf (Páxinas 8 e 9)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/entenza.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.0912135696Lonxitude: -8.55787083507
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




