Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Entenza (Santos Xusto e Pastor)
Lugar: A Ascensión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Capela dunha soa nave rectangular con teitume a dúas augas. Na fachada destaca o seu pórtico exterior con arco de medio punto, obra do ano 1970. A continuación aparece unha espadana de dous ocos, con remates extremos en pináculos cónicos. O conxunto coroase cunha cruz.

Esta capela foi mandada construír polo abade D. Juan Lorenzo Carvajal no ano 1601 segundo consta nunha inscrición que conserva na fachada, aínda que as pedras da mesma foron separadas. A data consta nunha doela do arco da porta e o resto do texto nun perpiaño que xa está roto; colocárono na parte alta e queda un pouco tapado polo tellado do pórtico.

A capela tivo diferentes reformas. A primeira delas foi no ano 1698 a conta dun devoto anónimo. Outras foron nos anos 1906 e outra no 1970. A última reforma foi no ano 1990, segundo consta nunha placa exterior.

Esta capela foi utilizada como escola nos séculos XVII e XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición conta que no adro da capela estableceu o cuartel xeral o Abade do Couto, D. Mauricio Troncoso de Lira, na Guerra da Independencia, para desde aquí reconquistar a cidade de Tui que estaba en poder dos franceses baixo o mando do Xeral Lamartiniere.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM Salcda de Caselas ano 2015 (Ficha A-R-010 – Páxina 85)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/GALICIA/documents/PONPA005.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA002.pdf (Páxinas 10 e 11)
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/entenza.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0761971345
Lonxitude: -8.56653571129
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84