
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Entenza (Santos Xusto e Pastor)
Lugar: A Ascensión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro que nace sobre dous chanzos cadrados. A súa base cadrada ten as súas catro caras traballadas: na cara frontal aparecen as imaxes de Adán e Eva na expulsión do paraíso; as outras tres caras teñen placas de mármore con inscricións. Nunha delas aparece o seguinte texto:
“D.O.M.(Deo Optimo Máximo)
EDIFICOSE ESTE CRUCEROA DEVOCIîN DE D JOSEMARTINEZ Y SU ESPOSAD DOLORES EN 20 DEMAYO DE 1911 SIENDO ABAD DE ENTIENZAD CLAUDIO GONZALEZ”.
Posúe un varal cilíndrico con estrías. Na súa parte central aparece a Dolorosa sobre peaña con forma de anxo. O capitel adórnase con espirais nas esquinas e follas de acanto. No centro de cada lado ten unha cabeza de anxo.
A cruz ten forma cilíndrica semellando tronco de madeira cos extremos en bisel. Posúe as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI, acompañado dun anxo que recolle o sangue cun cáliz no anverso. No reverso aparecen diversos elementos da Paixón.
Este cruceiro, que foi levantado no ano 1911, aparece pechado por unha reixa de ferro. Atópase nas inmediacións da capela da Ascensión (http://patrimoniogalego.net/index.php/61683/2014/06/capela-da-ascension/)
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
PXOM CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ano 2015 (Ficha E-CR-012 – Páxina 101)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALCEDADECASELAS/documents/0921CA004.pdf (Páxina 10 e 11)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360490101.html
http://www.diocesetuivigo.org/diocese/entenza.pdf
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). CRUCES, CRUCEIROS E PETOS DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.076541556Lonxitude: -8.56855809689
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84