Outra fotografía:
Tipo de ben: Pombal,
Concello: Cuntis
Parroquia: Cuntis (Santa María)
Lugar: Cuntis
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
É un exemplo dos típicos pombais galegos, de planta circular e corpo cilíndrico, realizado con pezas de cachotería encintadas. Unha única porta serve de acceso ó mesmo, onde se dispoñen, arredor dos muros, os pombeiros ou nichos para que as aves poidan aniñar, e para a entrada das pombas situáronse preto da cima uns buratiños rectangulares baixo o beirado, dispoñéndose baixo os mesmos, en todo o perímetro, un beiril de pedra para que as pombas se poidan pousar. A cuberta é cónica, con tella do país, situándose no cumio un fermoso pináculo piramidal con bóla.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6334852408Lonxitude: -8.56316700578
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84