Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Baños de Molgas (San Salvador)
Lugar: Baños de Molgas
Outra denominación do ben: Monumento a o pasado romano
Cronoloxía: Século XXI,
Descrición:

Monumento dedicado ó pasado romano do pobo de Baños de Molgas, feito polo escultor da comarca Nicanor Carballo.
Trátase de un baixo relevo no que se representa un soldado romano sobre unha gran lousa con forma de canivete, co que o escultor tamén fai un homenaxe os oleiros que utilizan esta ferramenta para dar forma a arxila.

Así nolo define Elixo Rivas Quintas:
Baños de Molgas, antiga “Aquas Mólicas”, é lugar senlleiro na Vía Nova ou Vía XVIII romana de Braga a Astorga, a principal do Noroeste cara Roma, estación viaria “Aquis Salientibus”, tan importante para os romanos por ser estación termal. E ren non tiña quen o lembrase, cando outros, con méritos quizais finxidos, onde el vai que se inventaron o seu blasón de honra.
Chegoulle o tempo, e os rexedores en boa hora se lle ocorreu o subsanar a falta.
O escultor foi Nicanor Carballo, que en branca pedra gra suave, nunha lousa, representa en baixo relevo, un daqueles lexionarios romanos de clámide e clípeo, que outrora por esta verea treparon. A forma é suxeridora, en media lúa. O decrecente atuga nunha base-plinto tamén de pedra, coIlida a idea do canivete dos oleiros de Tioira, co seu burato en que fixa-lo dedo e axudar a modelar a arxila de Valbón.
A lúa era para os antigos símbolo de intuición, imaxinación, aquí de fondo quizáis sen querer plasmada. Porque esta Vía Romana, pasando de Aquis Salientibus,
onde del o hai de abondo resíos, alas de aguia de bronce, pedra miliaria, villa … , atravesando o río por Portu Galego e Fonte Cooperta, vai precisamente a Tioira, onde tamén está ben testemuñada con 3 pedras miliarias. De alí son os oleiros, que moldean o barro sen máis armas ca un canivete.

Elixio Rivas Quintas: O escultor Nicanor Carballo


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Elixio Rivas Quintas: O escultor Nicanor Carballo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2429327791
Lonxitude: -7.67106950283
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84