
Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Lugo
Parroquia: Lugo
Lugar: Praza de Santa María
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Esta piscina romana, cunhas dimensións rectangulares de 3,6 X 1,6 metros e 5,7 m2 e cos estremos rematados por dúas cabeceiras semicirculares, foi descuberta no ano 1960 na realización dos traballos de pavimentación do entorno da catedral.
O aceso a piscina realizábase a través de dous chanzos situados nun dos seus lados. O seu interior atópase revestido por un mosaico policromado de motivos xeométricos datados no século IV d.C. Esta decoración relacionase con mosaicos cristianos de África.
Pola súa cronoloxía, temática e situación, diferentes autores a consideran como un posible baptisterio paleocristiano, aínda que parece máis probable que se trate dunha pequena piscina de auga fría, pertencente a un frigidarium dun complexo termal ou dun balneum doméstico.
A piscina permaneceu oculta dende o ano 1960 ata o ano 2004, no que os técnicos do Servizo Municipal de Arqueoloxía do Concello de Lugo a localizaron novamente e documentaron a súa situación exacta.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://paleorama.wordpress.com/2011/05/17/lugo-manana-estara-abierta-la-piscina-romana-de-santa-maria-y-la-mayor-ventana-arqueologica/
http://www.lugo.es/urban/piscina.html
http://lugotea.com/piscina-romana/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Nalgunha zonas se observan importantes lagunas, fisuras e desprendementos.
O estado de conservación orixinal da piscina o coñecemos unicamente a través das fotografías e debuxos de 1960. O finalizar aquela escavación arqueolóxica a piscina se selou cunha capa de area e os fragmentos de mosaioc desprendidos foron trasladaron ao Museo Provincial de Lugo.
Polo que se pode apreciar da documentación de 1960, perdeuse una parte do muro perimetral e tamén unha parte importante do mosaico que revestía este muro e o fondo.
Onde está localizado
Latitude: 43.0093712213Lonxitude: -7.55755841732
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




