Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Poio
Parroquia: Combarro (San Roque)
Lugar: Rúa Chousa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro con pousadoiro ao comezo da rúa da Chousa. Consta dunha plataforma cadrada con catro chanzos asentados sobre terreo rochoso. As arestas están erosionadas. Non ten baseamento ou sería o derradeiro chanzo, lixeiramente máis baixo que os outros. O varal é oitavado con retablo na base no que non se aprecian imaxes nin inscricións. Na parte media non frontal vemos unha pequena imaxe burdamente tallada que porta báculo e mitra. O capitelo e cilíndrico e moldurado que remata nun equino paralelepípedo. A cruz non ten figuración e os brazos rematan en flor.
Na parte frontal temos un pousadoiro formado por dúas cepas molduradas que sosteñen un taboleiro tamén moldurado. Os laterais teñen inscricións moi erosionadas das que so acertamos a ler a do lateral dereito que por: COMBARRO
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Vallejo Pousada, Rafael. “Guía del Conjunto Histórico de Combarro” Poio: A Solaina, 2013. ISBN: 978-84-616-3203-9
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4313871059Lonxitude: -8.70486661792
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84