
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santa Comba / Xallas (comarca)
Parroquia: Ser (San Pedro)
Lugar: Ser
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta rectangular, con presbiterio de menor altura que a nave principal, e sancristía acaroada ao lado norte. Os muros están feitos a base de sillería de granito e o teito vai a dúas augas, agás na sancristía. Construída no século XVIII e de estilo barroco, amosa na fachada porta alintelada con adornos de rebaixes cadrados nos perpiaños da xambas que rematan por enriba a modo de orelleiras enmarcando a entrada. No centro está unha pequena ventá, coas esquinas biseladas, para dar luz ao interior do templo. No cume da fachada, e sobre base cadrada, arranca a torre do campanario con vans que conforman arcos de medio punto onde se aloxan as campás. Remata, despois de cornixa voada, con catro pináculos de bóla, nunha cúpula que leva o mesmo elemento decorativo coroado por unha cruz de forxa.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTACOMBA/documents/0356CA012.pdf (pax. 9 de 15)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.009809566Lonxitude: -8.78165960312
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84