
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santa Comba / Xallas (comarca)
Parroquia: Ser (San Pedro)
Lugar: Ser
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Cruceiro con plataforma de tres chanzos, dos cales o que vai a carón do chan está semienterrado e o último remata nun pequeno beirado. Enriba desta levántase unha base prismática coas aresta superiores rebaixada en bisel que leva tallada a data de 1989, aínda que a plataforma parece de época anterior. O fuste é de sección octogonal e remata en capitel con adornos de volutas e adornos vexetais. A cruz de sección octogonal leva un cristo crucificado no anverso e polo outro lado amosa a virxe en actitude de orar e cuberta por un manto. Ámbalas tallas parecen de época recente e poderían corresponderse coa que esta inscrita na base. Ao seu carón vai unha mesa de pedra composta por un laxe que apoia en dous pés con adorno de formas redondeadas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTACOMBA/documents/0356CA012.pdf (pax. 10 de 15)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.0099586269Lonxitude: -8.78218531609
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84