Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baixa Limia (comarca) / Bande
Parroquia: Bande
Lugar: Santa Comba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Igrexa visigótica de finais do século VIII, é a igrexa máis antiga de Galicia e declarada Patrimonio Nacional no ano 1921.

Puido formar parte dun antigo cenobio ou mosteiro e comparte características con outras igrexas da súa época, das que en Galicia, na actualidade, non existe ningunha.

É unha igrexa de muros moi anchos en relación ó seu tamaño. A sua planta é de cruz grega, aínda que os brazos da cruz non son iguais pois sobreasen en planta a cabeceira e o pórtico de acceso.

A cabeceira é rectangular e está iluminada por unha ventá aberta ó oriente. A ámbolos lados do trasepto ten dúas cámaras, só accesibles dende a igrexa. E moi posible que tivera outras dúas cámaras similares a ámbolos lados do portico de acceso, pero hoxe en día non existen.
É unha igrexa sinxela e a súa diferenza con outras igrexas do seu tamaño está en que presenta un espazo pouco diáfano e moi compartimentado, o que produce unha sensación de misterio. A esta sensación contribue a iluminación natural con ventás pequenas a diferentes niveis, que recrean distintos ambientes, potenciados tamén polas diferencias de alturas entre as naves. As naves, todas elas en tixolo, cúbrense con bóvedas de canón, coa excepción do cruceiro que está cuberto con bóveda de arista, o que contribue a marcar o centro simbólico da igrexa.

Cobra protagonismo o arco de ferradura, que separa o altar, cun pequeno peralte e non tan cerrado como os que en épocas posteriores usarán os musulmáns. É importante destacar a escasa decoración que ten a igrexa, limitada a un sogueado e a uns capiteis das columnas que flanquean o altar. Estas se puxeron nunha restauración que se levou a cabo no século IX. Dous dos capiteis se aproveitaron, un da época tardoromana e outro da época visigoda e se engadiron outros dous no momento da restauración.

O ábside conserva pinturas da segunda metade do século XVI, nas que se representan esceas relixiosas. Preside hoxe a igrexa unha talla de madeira policromada de época barroca que representa a San Torcuato ou San Trocado.

No interior da igrexa consérvanse un gran número de vestixios romanos (un ara romana reutilizada como altar e un miliario romano situado no lado norte que agora fai funcións de pia bautismal). Así como un antigo sepulcro de mármore, onde se conta que estivo o corpo de San Torcuato, antes do seu traslado ó mosteiro de Celanova.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.portasxures.es/gl/node/261


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9731252974
Lonxitude: -8.00208091736
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84