Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ferrol
Parroquia: Santa María de Brión
Lugar: Brión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada nunha contorna rural, esta igrexa é de planta rectangular cunha nave única e presbiterio, xunto cun pequeno corpo cuadrangular situado no seu muro meridional, ao que se accede a través do interior do edificio. Os muros son de carga, realizados en cachotería, e no conxunto poden observarse algunhas pezas que pertenceron a unha edificación anterior.
As características exteriores da totalidade dos muros que compoñen o templo remítenos a diferentes momentos da súa historia, sendo o presbiterio unhas das construcións relixiosas máis antigas de entres as existentes no concello ferrolán.
Interiormente, a nave cóbrese por medio dunha bóveda rebaixada que substituíu á cubrición orixinal, da que aínda se conservan as vigas de madeira que se presentan vistas. Aínda que na actualidade destaca a inexistencia do coro alto, a antiga presenza deste queda patente nos apoios que se atopan incrustados nos muros, aos pés da nave. Un arco triunfal apuntado delimita o espazo correspondente ao presbiterio, que se cobre por medio dunha bóveda de crucería, contrarrestando os seus empuxes por medio de dous contrafortes situados nas esquinas exteriores da cabeceira do edificio.
En canto á ornamentación só cabe destacala sobriedade que preside o altar maior, realizado en madeira, que presenta unha policromía que intenta semellar ao mármore; e un espazo aberto no muro setentrional, e rematado en arco de medio punto que acolle unha imaxe da Virxe. Por último, é de destacar que o templo conserva o pavimento orixinal, composto de rudas pezas de pedra.
Cara ao exterior, destaca o pórtico situado na fachada principal, que se abre ao exterior por medio de dúas entradas laterais rematadas en arcos de medio punto rebaixados; no seu interior aínda se conserva un banco corrido de pedra. No eixo central da fachada encóntrase a porta principal que presenta un moldurón acoutado de características barrocas, unha fiestra rectangular e (rompendo a cornixa) unha espadana de dous ocos rematada cunha cruz de pedra.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.5011415507
Lonxitude: -8.24588298798
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84