Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Rouzós (San Cibrán)
Lugar: Rouzós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de granito, de estilo popular, formado por grada de tres chanzos, os dous superiores con moldura decorativa. Estes son previos a unha base cúbica, con arestas redondeadas. Sobre esta sitúase un varal cilíndrico. Na cima de este capitel con moldura cilíndrica, decoración vexetal e volutas varias, no remate cruz de sección cadrada, con cabezas de anxos na base, con imaxe de Cristo crucificado no anverso e piedade co Cristo nas maos, no reverso.

Atopámolo a uns metros da igrexa parroquial de San Cibrán de Rouxós, en zona rodeada de pinos.
O día da festa a procesión sae da igrexa e da a volta arredor del e volve cara a igrexa.
Ten algún problema, na zona do capitel está rachando a pedra, tendo xa algún “pegote”


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234ca110.pdf (P.4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ten algún problema, na zona do capitel está rachando a pedra, tendo xa algún “pegote”


Onde está localizado

Latitude: 42.4171352058
Lonxitude: -7.9313698411
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84