
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Amoeiro
Parroquia: Rouzós (San Cibrán)
Lugar: Rouzós
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Templo reconstruído no ano 1515 e posteriormente no ano 1776, segundo costa en sendas inscricións.
De unha soa nave rectangular de perpiaño, tendo o presbiterio mais ancho, cuberta a dúas augas con tella curva, polo lado norte ten engadida a sancristía.
Fachada lisa coroada por unha cornixa semicircular con capiteis piramidais nos extremos. Portada con lintel no que se pode ver epígrafe da reedificación, sobre o que se sitúa unha seteira.
Espadana de dous ocos con sendas campás e remate decorativo superior con molduras circulares e na cima de remate unha cruz de ferro.
Está rodeada polo adro, no que está o camposanto e polo lado de nacente ten a reitoral.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/AMOEIRO/documents/26234ca110.pdf (P.2)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4162827452Lonxitude: -7.93034523726
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84