
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Leiro
Parroquia: Gomariz (Santa María)
Lugar: Gomariz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Trátase dun taboleiro de xogo de “alquerque de nove” situado no exterior da igrexa de Gomariz que formou parte dun antigo cenobio dependente do mosteiro de Toxosoutos, en Lousame, dos Sarmiento, do mosteiro de Sobrado e do Cabido de Ourense.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://juegosdetablerosromanosymedievales.blogspot.com.es/2008/03/los-juegos-medievales-sobre-tablero-en_6186.html
Petróglifos de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/petroglifos-de-galiza-ii.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.3795830187Lonxitude: -8.11755241105
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





4 comentarios
Millán says:
Xul 7, 2014
Catalogar o grabado como un petroglifo creo que non é o adecuado. Debera figurar como grabado ou algo polo estilo.
Saúdos.
Xabier Moure says:
Xul 7, 2014
Quizais esteamos acostumados a considerar só como petroglifos as gravuras prehistóricas. Este alquerque, dende logo, si é un petroglifo (pedra gravada), outra cousa é que, ao mellor, poderíase buscar outra denominación. De todos os xeitos, valorar iso corresponde aos editores da páxina. Polo de agora á hora de catalogar un ben deste tipo, só caben dúas opcións: “Petroglifo/estación rupestre” e “Escudo/Epígrafe”.
Un saúdo.
Josefa Rodríguez Balboa says:
Xan 17, 2016
Gracias Xabier, por dalo a coñecer. Criéime o seu carón, as paredes da escola estan o outro lado da igrexa, e foron moitos os rezos e os xogos naquelas bancadas do alpendre sin darlle mais importancia. O que si me gostaría que fixeras e correxir o erro do nome da igrexa. Está dedicada a unha mártir non a nai de Deus: Santa Mariña (Marina) de Gomaríz. A mártir de Augas Santas o carón de Allaríz. Tanto a talla da Santa como o conxunto da igrexa están catalogados en Patrimonio. Non sei en que momento algún despistado que puxo María e anda por todos los papeis oficiais. E non podemos correxilo, por moito que queiramos os veciños. Seguirémolo intentando. Saúdos
Xabier Moure says:
Xan 17, 2016
Boa noite, Josefa. Púxeno dese xeito porque é así como figura no nomenclator da Xunta de Galicia. En principio non podo modificalo, pero o que si podo facer é deixar só “Gomariz”, sen a advocación. Se che parece ben dimo e corríxoo. Moitas grazas. Saúdos.