
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Vilamarín
Parroquia: Vilamarín (Santiago)
Lugar: Gosende
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Mostra a estrutura de dous corpos de pedra baseada nun frontón triangular con arco lixeiramente apuntado, rematado en cruz, parte inferior a modo de pedestal, sobre el fornela de medio punto, no interior do cal se conserva un espazo para a Santa. Profusa decoración votiva de tipo xeométrico e vexetal.
Suponse que foi construído entre os séculos XVII e XIX, no Camiño Real, que comunicaba Ourense e Lugo, enfronte hai unha casa en ruínas chamada “A Taberna”, din que era unha parada de Postas, onde se detiñan os carros que transitaban polo camiño Real, para descansar, comer e beber.
Esta dedicado as “ÁNIMAS BENDITAS”, como se pode ver na lenda gravada, ten peto, onde se depositaban as esmolas, dedicado ó culto polas ánimas, que se celebraba na igrexa parroquial de Santiago de Vilamarín.
Dende mediados do século XX sufriu un continuo deterioro, perdéronse a cruz e algunha mais das súas pedras, chegando a década dos 90, en lamentable estado de abandono.
Foi entón restaurado por iniciativa propia, sen ningún tipo de axuda oficial, polo canteiro e artesán Maximino López Testa, “O Valente”, veciño do pobo. Reconstruíndo a cruz e outras pedras que faltaban. Nesta reconstrución colaboraron os veciños do pobo.
No ano 2008 foi restaurado novamente e colocando unha reixa metálica como protección.
Fotos: Silvia Pinha
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VILAMARIN/documents/0507CA002.pdf (P.12)
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=17789&ctre=56
http://gosende.blogspot.com.es/2013/10/o-peto-das-animas.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.4618221612Lonxitude: -7.88223445415
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 14, 2015
Unha referencia bibliográfica deste peto:
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Ourense. Ed. IR INDO, 1998
Oscar Franco says:
Xul 11, 2021
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Engado tamén a seguinte referencia bibliográfica:
BARRIOCANAL LÓPEZ, Yolanda. (1985). Arte popular. Los petos de ánimas. Boletín Auriense, anexo 3. Museo arqueolóxico provincial de Ourense – Grupo “Marcelo Macías”