
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Camariñas
Parroquia: San Pedro de Ponte do Porto
Lugar: Ponte do porto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Esta ponte levantada no século XIII e que atravesa o río Grande, conta con catro arcos de medio punto, aínda que dous deles están lixeiramente apuntados. De non ser pola reforma de 1950, conservaría tódolos elementos orixinais, xa que nese ano perdeu o peitoril de pedra que tiña trocándollo por unha varandilla de ferro. Anos máis tarde, a principios dos anos noventa, ten lugar unha segunda reforma, auméntaselle o ancho do taboleiro con vigas e formigón pra facilita-lo tránsito de vehículos. Na actualidade unha fina varanda de ferro fai de peitoril.
A ponte ten tres tallamares de traza semicircular augas abaixo e triangulares augas arriba, que contaban cos seus respectivos apartadoiros pra os peóns que desapareceron coa primeira reforma.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND,J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ,X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas». Deputación da Coruña,1998.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.13786832332128Lonxitude: -9.115455150604248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
adela suma says:
Set 28, 2011
Coma información adicional, enlazar o inventario de patrimonio das Normas Complementarias e
Subsidiarias Provinciais de Planeamento no que esta Ponte queda recollida, xa que
Camariñas só ten D.S.U (1981):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/CORPA003.pdf