
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ferrol
Parroquia: Santa Cecilia de Trasancos (Santa Cecilia)
Lugar: O Calvario
Outra denominación do ben: Igrexa parroquial de Santa Cecilia de Trasancos
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de estilo barroco clasicista que transita cara ao neoclásico. De planta rectangular na que se inscribe unha nave e o presbiterio, con muros de carga de cachotería e perpiaños. Poden verse una serie de elementos reutilizados e provintes dun templo anterior: é reseñable a desaparición dunha capela lateral, que hoxe se traduce nun arco tapiado no muro lateral esquerdo.
Exteriormente, a decoración concéntrase na fachada principal, percorrida nos seus laterais por pilastras que se interrompen nunha cornixa lixeiramente voada, coroada por un frontón triangular. No vértice deste frontón está situada una espadana composta por tres machóns que dan lugar aos ocos correspondentes ás campás, cerrando o conxunto un pequeno corpo flanqueado e coroado por pináculos. No eixo central da fachada superpóñense una porta rectangular alintelada, unha pequena fornela lixeiramente decorada e, na parte alta do frontón, un escudo nobiliario que parece corresponder a una data anterior á da construción da igrexa. Pechan o conxunto dous pequenos ocos situados a ambos lados da fornela, que permiten a iluminación natural do coro.
Interiormente a nave cóbrese por medio dunha bóveda de canón que se interrompe para dar paso ao estreitamento que precede ao presbiterio.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5326163Lonxitude: -8.2131905
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
adela suma says:
Xul 13, 2014
Coma información complementaria engado o enlace á ficha (B.18) desta igrexa no catálogo do planeamento vixente no concello, un PXOM (2000):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA005.pdf
Fernando Dopico Blanco says:
Mar 24, 2015
* A igrexa data do ano 1771. Así se especifica nun epígrafe, na actualidade moi erosionado, na parte esquerda da fachada. No mesmo, faise alusión ó patrocinio de don José María Bermúdez de Mandiá y Pardiñas Villardefrancos (1728 – † 1808), polo entón presenteiro do curato e señor xurisdicional dos coutos de Santa Icía, Xuvia e Caranza. No interior, detrás do retábulo, atópase o que parece ser unha doela fragmentada de orixe baixomedieval, con decoración de tacos ou axadrezado simple. Vestixio que dá fe da anterior existencia dunha igrexa, documentada por primeira vez no ano 1087 dentro do cartulario do mosteiro de San Martiño de Xuvia.
No que toca á pedra armeira que luce na fachada, non é anterior á edificación da igrexa, se non coetánea. Cuartelada en cruz e timbrada de coroa ducal, contén as armas e alude ás liñaxes de: Bermúdez, Mandiá, Pardiñas e Ribadeneira; que eran as do seu xa citado patrón don José María Bermúdez.
Cecilio says:
Xuñ 21, 2017
A igrexa non está no “Souto de San Pedro”. Está no lugar de O Calvario.