
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ferrol
Parroquia: Serantes (San Salvador)
Lugar: Aneiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Situada a escasos metros de onde se atopa sepultado Gonzalo Torrente Ballester, a capela do cemiterio de Serantes, agora rodeada de tumbas do cemiterio parroquial, é una das construcións relixiosas máis antigas de entre as existentes no concello de Ferrol. Levantada no século XVI e pertencente ao gótico tardío, serviu de enterramento aos señores dun val especialmente proclive á literatura.
O edificio posúe unha estrutura arquitectónica rectangular, construída con muros de carga de cachotería sobre os que apoia una cuberta a catro augas. Presenta un só corpo interior que mostra una estrutura aérea desenvolvida por medio dunha bóveda de crucería que contrarresta os empuxes por medio de grosos contrafortes situados nas esquinas exteriores, con nervaduras de perfil triangular apoiadas sobre ménsulas decoradas. Na clave pode observarse un escudo, de caracteres borrosos, que presenta diferentes simboloxías heráldicas.
No muro lateral esquerdo ábrense dous arcos oxivais que posiblemente aloxasen cadanseus nichos de carácter nobiliario, mentres que no dereito aínda se observan os restos dun terceiro arco, levemente apuntado, que foi tapiado.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Apoiada no muro correspondente á cabeceira (que amosa restos dun fresco fortemente deteriorado), hai un corpo de pedra que presenta aos seus pés una lápida sepulcral brasonada, na que aínda pode lerse parte da súa inscrición, a cal foi recollida por Santiago de la Iglesia no Anuario de Ferrol en 1902:
AFONSO: DE SARATES: QUE SE: FINOU: ENO: ANO: DA MORTAL (…) M: CCC: XXX.
Tradición oral:
No ano 2010 foi sometida a unhas obras de reparación da cuberta para evitar a entrada de auga e permitir a consolidación do inmoble.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
DE LA IGLESIA, Santiago; “Capilla del Cementerio de Serantes”, Anuario de Ferrol. Ferrol 1902.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4999221Lonxitude: -8.2462611
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
adela suma says:
Xul 13, 2014
Neste caso, o planeamento protexe e cataloga todo o conxunto parroquial de Serantes:
igrexa, cemiterio e capela; engado o enlace á ficha (B.14) no PXOM (2000) vixente no concello:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA005.pdf