Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Ponte Sampaio (Santa María)
Lugar: A Ponte
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A casa reitoral de Ponte Sampaio é unha edificación con planta en forma de T, con dúas alturas e teitume a
tres, e feita a base de perpiaño granítico perfectamente labrado e escuadrado.
O máis destacado desta reitoral é os súa balconada corrida e cuberta que se pode ver na fachada Sur, sustentada en recortados canzorros barrocos e protexida cunha varanda ornamental labrada en pedra.
Os muros do andar residencial aparecen perforados por un modesto número de vans, se ben o tamaño dos existentes non é reducido en ningún caso. Orientado ao sur sobresae un amplo balcón voado (con varanda de forxa) que comunica co salón principal a través dunha portadaire flanqueada por dous xanelos.

Esta reitoral posúe unha parcela de considerables dimensións, na que podemos ver un pombal de planta circular e cuberta cónica, ademais dun canastro construído en pedra e madeira.

O aceso á parcela faise por medio dunha entrada monumental con dúas ameas e unha espadana labrada con volutas barrocas, que remata cunha cruz latina sen figuración e arestas biseladas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEVEDRA/documents/0878CA001.pdf
http://tesourosdotempo.pontevedra.eu/ficha/casa-reitoral-de-ponte-sampaio/

BIBLIOGRAFÍA
Reboreda Carreira, Alberte(Coord.),Dapena Sieiro, María, Lueiro, Xoán Ignacio, Faro Álvarez,Raquel. “Roteiro polo patrimonio de Ponte Sampaio” Concello de Pontevedra. 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3486846778
Lonxitude: -8.60578715801
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84