Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Valga
Parroquia: Cordeiro (Santa Comba)
Lugar: Balleas
Outra denominación do ben: Castro de Cordeiro
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

O castro de Balleas está situado nun outeiro, a unha altitude de 60 m. e a 1,5 Km. do río Ulla. Ten a croa achairada e de forma ovalada en sentido N/NO-S/SE. Sendo o eixo N/NO duns 110 metros e o S/SE de 70 . Conta cuns aterrazamentos no comenzo do parapeto que cingue a croa, e fanse máis visibles pola zona norte. Amosa uns desniveis considerables na estrutura defensiva e son máis notables polas bandas leste, norte e oeste. A banda sur e a zona máis accesible e foi modificada polas labores agrícolas. Na ficha do pxom de Valga do ano 2010 menciónanse na bibliografía consultada os achados que describía G. Álvarez Limeses (1936- pax. 411) : “..en un montículo que desde antiguo se denomina El Castro, se han hallado sepulturas de ladrillo y en un desmonte que Don Miguel Isorna hizo para la construcción de su casa, cercana a la antigua vía romana, se encontraron dos achas que se encuentran en el museo de Pontevedra”. Está a 400 metros en liña recta do xacemento da Igrexa Vella, onde tamén apareceron algunha tumbas de similares características as aparecidas no castro e feitas con tella.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36056004
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VALGA/documents/27460ca002.pdf (pax 5 e 6 do pdf)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.6938547368
Lonxitude: -8.68014335632
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84