Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Pobra do Brollón
Parroquia: Ferreiros (San Salvador)
Lugar: Ferreiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Contruída na segunda metade do século XII, con importantes reformas posteriores. Ten unha nave de planta rectangular, muros de cadeirado, cuberta a dúas augas con tellado de lousa. A fachada ten unha porta adovelada enmarcada por unha ventá rectangular e canzorros lisos e xeométricos no aleiro. Hai varias seteiras. No interior conserva esculturas do século XVIII e pinturas murais de fins do XV e comezos do XVI. Espadana de dous vans. Adro-cemiterio ao redor.

Nicandro Ares Vázquez di que o carácter mosteiral da igrexa de San Salvador déixase entrever nun documento datado no ano 1001, onde a notitia dun preito presentado “in Boveta, in valle de Lemabus por Rodrigo Romariz e Ximena Ximénez” sobre a posesión do “monasterio Sancti Salvatoris de Ferrierasci”. Noutro documento lucense do 1181, Coelvira Fernandi doa unha parte do seu jure hereditario “monasterii de Ferrarius” á Orde do Hospital de San Xoán. No 1249 o soldado Martinus Petri ofrece á igrexa de Lugo o seu dereito de padroado “in monasterio Sancti Salvatoris de Ferreiros”. Xunto a igrexa érguese un edificio totalmente arruinado (na 2º foto), nun de cuxos muros hai unha inscrición coa data de 1788.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Mosteiros de Galiza en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5919339931
Lonxitude: -7.37993717194
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84