Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Petín
Parroquia: Santa María de Mones
Lugar: Santa María Mones
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:

Érguese sobre a aldea de Santa María de Mones. Domínase unha ampla panorámica sobre os concellos de Petín, Larouco e A Rúa, coa ponte da Cigarrosa e o río Sil ao fondo, o que lle confería un gran valor estratéxico. De pequenas dimensións, tiña planta tirando a circular, e protexido polo forte desnivel do terreo. Apareceron restos cerámicos e pétreos de filiación romana. Fortemente alterado pola igrexa, o cemiterio, camiño de acceso e terras de cultivo. As pedras foron reutilizadas nas vivendas da aldea. Un xogo de alquerque (na 2º foto), gravado sobre unha pedra granítica, posiblemente de época romana, foi reaproveitado na construción do templo.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: AgrícolaOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Castros de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/castros-de-galiza-ii.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3784289477
Lonxitude: -7.10911989212
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84