Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Avión / Ribeiro (comarca)
Parroquia: Nieva (Santa María)
Lugar: Caseiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa feita base de perpiaño granítico labrado, con teitume a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver a porta de aceso principal e na súa parte superior un frontón semicircular partido, no que aparece a imax da patroa enmarcada entre dous pilares rematados con capiteis e sobre eles un entablamento. A imagen da Virgen aparece coroada e con un gran manto, sostendo co seu brazo esquerdo ao Neno.
Enriba do entablamento aparece un ocelo, e xusto enriba un escudo da familia dos Sarmiento.
A espadana ten dous ocos con forma de arco de medio punto, con remates en dous pináculos e unha forma trapezoidal de aristas curvas rematada por unha cruz.
Esta igrexa destaca por ter dous escudos da familia Sarmiento, un na fachada principal e outro na súa cabeceira.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/AVION/documents/26214ca018.pdf (Páxina 2)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3435958805
Lonxitude: -8.2768329978
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84