Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Vigo
Parroquia: Bembrive (Santiago)
Lugar: San Cibrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

As Casa da Fraga constan de varias edificacións feitas a base de cachotería irregular, todas elas en estado de ruína total e ocultas pola maleza. Nalgúns lugares é posible ver os restos de linteis, portas, ventas e incluso algunha lareira escavada en roca. Tamén se pode ver as ruínas das vellas presas onde se trataba o liño.

A orixe desta aldea é incerta, aínda que existe documentación de 1528 que fala de cando o Bispo de Tui lle afora o casal da fraga de San Cibrán, coas súas “2 casas de morada” ao veciño Gregorio Vázquez Escudero, “que queda obligado a vivir allí y labrar las heredades ‘que son para dar pan”. Ademais, obrigar a que “el dicho Gregorio y labradores que allí estuvieren e moraren residiendo en dicho sean vasallos y obedientes de su santidad el obispo”.

A situación desta aldea é estratéxica, xa que se atopa nun cruce de camiños medievais.

O lugar foi habitado a comezos do século XX, no que puideron chegar a vivir entre 20 e 25 persoas.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/VIGO/casasfraga.html
http://www.atlantico.net/articulo/vigo/aldeas-resisten-olvido/20091116122214076320.html
http://bembrive.org/?page_id=43

BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel (1997). Inventario histórico das ermidas de Vigo e do Val do Fragoso. Séculos XVI – XIX. Colección Datos 8. Concellería de Patrimonio Histórico. Concello de Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1751353806
Lonxitude: -8.67759257555
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84