Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Sarria
Parroquia: Farbán (Santiago)
Lugar: Lamarrigueira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

O miliario atópase deitado no chan, xunto o muro do peche da casa de don Luciano Tourón situada en Lamarrigueira, na parroquia de Farbán, a carón da estrada que vai de Sarria a Monforte. Trátase dun cilindro de granito fino coa superficie sen puír. Segundo Rodríguez Colmenero et Al. (2004), é un fito importante para afirmar a existencia da vía que o Itinerario de Barro anuncia entre Lucus e Dactonium, sinalando, ao menos, a mansión Aquae Quintiae.
Segundo me contou un veciño, foi atopado ao outro lado da nova vía de alta capacidade, próximo ao lugar coñecido como A Lagarteira onde hai un posible castro que dista menos dun quilómetro en liña recta dende Lamarrigueira. Aínda que non se aprecia ningún epígrafe, si se poden ver algunhas pequenas coviñas, sucos e un posible “C”. Mide 1,60 metros de altura e 0,40 de diámetro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Rodríguez Colmenero, A., Ferrer Sierra, S., e Álvarez Asorey, R.D.(2004): Miliarios e outras inscricións viarias romanas do Noroeste hispánico (conventos bracarense, lucense e Asturicense).

Romanización de Galicia en http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/romanizacion-de-galiza.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7637563124
Lonxitude: -7.42557227612
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84