Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (Santa Comba)
Lugar: Valdalouxa-Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Chegamos a estes petróglifos dende o lugar de Vilar de Carnota, collendo un camiño situado na casa máis alta de Vilar. Subindo por este camiño a uns 300 metros, chegando a unha zona chá por onde pasa unha liña eléctrica, a uns 25 metros ó suroeste dun dobre poste e a uns tres metros do camiño á dereita, están situados estes gravados. No extremo dunha laxe de superficie rugosa, ollamos 2 combinacións circulares moi próximas entre si, de 26 e 50 centímetros de diámetro con cazoleta central estando unha delas cortadas por catro radios, un deles con prolongación cara ó exterior. A maiores presenta 4 trazos radiais, un deles prolongado ó exterior, cun conxunto de pequenas coviñas o seu carón. O tamaño do suco destas combinacións é de 2 x 0`5 centimétros de profundidade. Son bastante doados de atopar.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. 2008, Santa Comba (2ª edición).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8138380636
Lonxitude: -9.08955603839
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84