
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, Castelo,
Concello: Porto do Son
Parroquia: Xuño (Santa Mariña)
Lugar: O Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O “castelo” está emprazado estratexicamente no pico dun grande outeiro pedregoso que acada os 221 metros de altitude e cuxas pendentes fan imposible calquer ataque ao asentamento. Está a 2 km. en liña recta da costa e ten visión co castro do monte Taume. Non presenta ningún tipo de defensa artificial, soamente na banda sur hai vestixios dun muro. Segundo nos conta Xerardo Agrafoxo na zona hai folclore de “mouros”. No pxom do Porto do Son do ano 2012 vén recollido na tipoloxía de castros.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Agrafoxo Pérez, Xerardo. Asentamentos castrexos no partido xudicial de Noia. Tesina de Licenciatura 1981. Facultade de Xeografía e Historia de Santiago.
http://www.portodoson.info/PXOM_PDSON/PXOM_PORTODOSON.htm (pax 287 do pdf, ficha x_16)
Planos de pendentes 2009 da Zona do Castelo http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0151A-0502.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.6310539722Lonxitude: -9.00990486145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





2 comentarios
Victoria says:
Ago 23, 2018
Buenas noches. Soy Victoria, profesora de enseñanza secundaria, y estoy realizando una investigación sobre la leyenda del Monte do Castelo. Les escribo porque estoy tratando de conocer cualquier detalle acerca de un tesoro escondido en la zona y de túneles subterráneos que se dice que partían del castillo. Si tuviesen algún conocimiento sobre estos temas o supieran de alguien o de alguna referencia bibliográfica que pudiese proporcionármelos, les agradecería enormemente que se pusiesen en contacto conmigo.
Un saludo
Victoria
Elixio Vieites says:
Ago 24, 2018
Ola Victoria. Sobre este castelo non recollín lenda algunha de túneles, pero segundo dis parece que si a ten. É moi frecuente en moitos castro e castelos ao longo da xeografía galega.
Podes ler varias lendas en:
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=19&id=1
https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=18&id=2490
https://www.galiciamaxica.eu/galicia/pontevedra/castroalobre/
http://www.manuelgago.org/blog/2011/10/10/pregunten-polo-tunel/
https://www.galiciamaxica.gal/2016/12/torre-de-caldaloba-galicia-maxica.html