
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (Santa Comba)
Lugar: C.M.V.M.C. Mallou
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Tomando como referenza o camiño que vai dende Mallou ata o cruce coa pista da senda verde e dende este cruce a uns 485 metros en dirección aos petróglifos de Prousos Magos, chegamos ó desvío cara á esquerda. Logo de andar uns 200 metros pasando por unha zona de eucaliptos, o camiño comeza a subir á beira dun muro de pedra que vemos á nosa esquerda. A uns 100 metros maís ou menos, en dirección norte xa ollamos o outeiro e un panel informativo ós seus pés.
Os petróglifos do Outeiro de Rego Lamoso sitúanse sobre un outeiro rochoso que destaca sobre o entorno. Trátase dun complexo e variado conxunto de petróglifos nos que destacan catro agrupacións con coviñas, representacións de armas, círculos concéntricos e rebaixes cadrados.
No primeiro grupo formado por varias laxes de superficie rugosa que apenas levantan do chan, compóñense de varias coviñas de diferentes formas e tamaños, algunhas delas semellantes a pegadas humanas, todas elas moi visíbeis. Destacan pola súa importancia tres representacións de armas similares a espadas curtas ou puñais, das que a maior ten unhas dimensións de 62 x 19 cm. O tamaño do suco é de 2,5 x 0,5 cm de profundidade. A de máis ó oeste, cunhas dimensións de 43 x 18 cm, está incompleta pola parte da empuñadura. A representación situada máis ó norte ten unhas dimensións de 45 x 11 cm e está unida ó tramo de suco que comunica unha coviña cunha fenda que sae ó exterior da pedra. completan estes gravados unha pequena combinación circular mais un motivo zigzag.
Tres metros ó norte deste motivo están situados os gravados do segundo grupo situados nunha pequena laxe que sobresae uns 50 cm sobre o nivel do terreo. Están compostos por varias coviñas de diferentes formas e tamaños, algunhas comunicadas con trazos de suco.
Uns catro metros ó nordés desta laxe sitúanse o terceiro grupo na superficie de tres laxes de pequeno tamaño que apenas levantan entre 30 e 50 cm do chan. Están compostos por varios rebaixes cuadrangulares coas arestas redondeadas; os de maior tamaño están bordeados por trazos concéntricos coa mesma forma do rebaixe, e un deles está incompleto pola rotura que presenta a pedra nun estremo. Os dous rebaixes de maior tamaño teñen unhas dimensións similares de 15 x 15 cm e 1`5 cm de profundidade.
A uns catro metros ó noroeste das laxes do primeiro grupo, sitúanse os gravados do cuarto grupo. Nunha laxe de pequeno tamaño óllanse unha combinación circular e varias coviñas espalladas ó seu carón. Nos arredores deste outeiro podemos ver varias coviñas de forma oval e cuadrangular.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA-15020037
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. 2008, Santa Comba (2ª edición).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8061270874Lonxitude: -9.09232974062
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




