
Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: Carnota (Santa Comba)
Lugar: C.M.V.M.C. Mallou
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Tomando como referenza o camiño que vai dende Mallou ata o cruce coa pista da senda verde e dende este cruce a uns 485 metros en dirección aos petróglifos de Prousos Magos, chegamos ó desvío cara á esquerda. Logo de andar uns 200 metros pasando por unha zona de eucaliptos, o camiño comeza a subir á beira dun muro de pedra que vemos á nosa esquerda.
Tomando como referenza os petróglifos do Outeiro de Rego Lamoso, a uns 75 metros ó suroeste, ollamos un outeiro, o chamado do Corvo. Alí podemos ollar os gravados nunha laxe de 3`80 x 2 metros situada a ras do chan e con lixeira inclinación cara o sur. Están compostos por varias combinacións circulares, algunhas case inapreciábeis e outras con coviña central. A maior e máis visíbel, de 46 cm de diámetro, está unida por un estremo a outra combinación de menor tamaño. Polo outro estremo está unido a un cercado con catro coviñas aliñadas. O tamaño do suco é de 2 x 0`5 cm de profundidade, e tamén aprécianse varias coviñas espalladas. Dalgunhas delas saen trazos de suco que as comunica co exterior da pedra. Noutra laxe unida a esta polo nordés destaca o que semella a representación dunha arma lítica similar ás empregadas no periodo neolítico, cunhas dimensións de 44 x 12 cm.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. 2008, Santa Comba (2ª edición).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8056858564Lonxitude: -9.09278810025
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




