
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ferrol
Parroquia: Santa Uxía de Mandiá
Lugar: Bustelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
A igrexa de Santa Uxía de Mandiá é un dos máis grandes templos parroquiais situados no territorio rural do concello de Ferrol.
Construída no século XIX, a súa estrutura arquitectónica é de planta rectangular, con dous corpos pequenos acaroados nos muros meridional e setentrional. Os muros son de carga (realizados en cachotería con elementos reutilizados da antiga igrexa) e sobre eles apoia una cuberta a dúas e catro augas, cunha cubrición de pranchas de fibrocemento. Cara ao exterior, o eficio transmite un rico xogo compositivo proveniente da distinción volumétrica de cada un dos seus corpos. A fachada principal reúne a maior parte dos elementos ornamentais, desenvolvéndose en composicións xeométricas e xogos de simetría que avanzan dende un barroco clasicista cara ao eclecticismo.
Interiormente destaca a amplitude do templo, no que xoga un importante papel a altura deste, por ser algo inusual nesta área xeográfica. A estrutura aérea da nave é plana, do mesmo xeito que a do presbiterio. O seu espacio interior desenvólvese nunha soa nave, dúas pequenas capelas laterais, presbiterio e, tras deste, una sancristía, á que tamén pode accederse dende o exterior.
A última intervención que se fixo no inmoble foi propiciada por don Andrés Fernández Muíños, cura párroco do templo, entre os anos 1971 e 1972.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Retablo con elementos barrocos presidido pola imaxe de Santa Uxía.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.5313915724Lonxitude: -8.24076971599
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 27, 2017
Esta igrexa aparece catalogada no PXOM do Concello de Ferrol:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA005.PDF (Ficha B7 – Páxina 7)