
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Ferrol
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: Doniños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa de tipoloxía rural, sen estilo definido.
A súa estrutura arquitectónica é de planta rectangular, na que se inscriben unha soa nave, presbiterio e una sancristía situada detrás deste. Os muros son de carga, de cachotería, agás esquinais e recercado de ocos, que son de cantería. A cuberta é a diferentes augas, segundos os corpos, con cubrición de tella plana. A fachada principal posúe unha organización na que a simetría e os diferentes xogos xeométricos ocupan o lugar fundamental, presentando un claro desexo de afastarse de fantasías estilísticas en favor das función para as que o edificio foi concibido.
Interiormente, a nave presenta una estrutura aérea plana, realizada a través dun falso teito de madeira. O acceso á ábsida realízase a través dun arco trunfal de medio punto, que apoia sobre piares. A ornamentación é moi sobria e simple, podéndose resaltar tan só o retablo que preside o altar maior.
A iluminación natural interior procede dos ocos abertos nos muros da nave e que, debido a unha reforma do edificio, viron modificadas as súas luces, de aí que non se correspondan coas características xerais do inmoble, do mesmo xeito que tamén se lle deu a este maior altura da que posuía, feito este últumo que quedou claramente reflectido na parte exterior dos muros.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Retablo que preside o altar maior, feito en madeira policromada que intenta imitar ao mármore.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.4969098Lonxitude: -8.2884234
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
adela suma says:
Ago 10, 2014
Coma información complementaria engado o enlace á ficha (B.6) do catálogo do PXOM (2000) vixente:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA005.PDF