Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Cambre
Parroquia: Pravio
Lugar: A Gándara
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dun muíño de pedra na beira dun río, hoxe con pouca auga. Ten dúas entradas, unha lateral e outra frontral, así como unha pequena xanela lateral. A cheminea e lareira son con case total seguridade, segundo din os veciños do lugar, agregados posteriores, para a realización de comidas e reunións familiares, o último uso que se lle deu á construción.

O estado de conservación do muíño e da contorna é malo. Se ben é certo, como se aprecia na foto interior, que a estrutura se acha en bo estado (grazas á reconversión do muíño en lugar de reunión, a súa vida útil foi prolongada uns anos máis, nos que se fixeron reformas) tamén o é que está case completamente cuberto de vexetación. De feito, a presa e unha canle pola que se desviaba a auga do río estás case invisibilizadas. Ademais, o monte no que se ubica non está moi coidado, sendo o camiño de acceso de difícil tránsito, e a zona é hoxe moi pantanosa, por todo o lodo que agora leva o río, posíbelmente por mor das industrias da zona.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3041632006
Lonxitude: -8.33647727966
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84