Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Pobra do Caramiñal / Barbanza (comarca)
Parroquia: O Xobre (Santa María)
Lugar: As Xunqueiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de capela datado do 1679 que se eleva sobre plataforma de dous chanzos dos que arranca un groso fuste de sección octogonal. Compleméntase o ancho capitel cunha fornela que presenta escenas talladas en baixorrelevos policromados en tres das súas caras, hoxe en día as cores están case inapreciables. Noutra está aberto o oco da fornela que alberga a Virxe co Neno, baixo un teito a modo de bóveda. Santificando o conxunto, enriba da fornela vai un Cristo crucificado no anverso e unha Virxe da Concepción no reverso.Está a 70 metros do pazo-torre dos Xunqueiras.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/POBRADOCARAMINAL/documents/26070ca026.pdf (pax. 5 do pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5940499611Lonxitude: -8.94929230213
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):
(Aínda sen valorar)
Loading...
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 19, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1506707.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
MARTIN RUIZ, Luis. (1999). Cruceiros da provincia da Coruña. Ed: Deputación Provincial da Coruña.
FERNÁNDEZ MARIÑO, Nepomucena. (2020). Máis de 800 CRUCEIROS, FERVENZAS, MIRADORES e outras vistas DO BARBANZA – POBRA DO CARAMIÑAL (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/15/15067/APobraDoCaraminal.pdf)
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html