
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Carballo
Parroquia: Cances (San Martiño)
Lugar: Cances Grande
Outra denominación do ben: Agra do Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Este recinto defensivo sitúase a uns 155 metros de altura sobre o nivel do mar, de forma ovalada cunhas medidas duns 190 metros SO-NL e uns 115 metros NO-SL pola parte da croa e de 76 metros pola parte do antecastro. A zona da croa presenta un recinto case circular duns 95 metros de diámetro cuns parapetos que chegan dos dous a catro metros cara ó exterior non sendo posíbel mirar cara ó interior pola abundante vexetación. A esta croa cíngueo outro parapeto de dous a cinco metros polo exterior e dun metro máis menos cara ó interior. Cara ó norlés presenta unha sucesión de terrazas coas súas defensas de diferentes medidas. Grandioso Castro cuns sete mil metros cadrados de superfie na súa croa e de 1`63 Ha. na súa totalidade aínda que podería chegar ás 5 Ha. na súa área de influencia. Moi perto del pasan dous pequenos ríos, o Rego Quintela dende o leste ó sur, e o Rego da Bandeira polo oeste ó sur. Hoxe en día, a entrada deste castro sitúase ó norte mais pode ser que non sexa a entrada orixinal.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA-15019011
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/0095CA013.PDF (páx. 12).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2426722853Lonxitude: -8.73484015477
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
elixiovieites says:
Ago 8, 2014
Mapa de pendentes lidar 2009 do castro de Cances.
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/PENDENTES/Pendentes_0044A-0305.pdf
Ortofoto do voo Americaco do 1956 do castro de Cances
http://visorgis.cmati.xunta.es/cdix/descargas/pdfs/ORTO56/Orto56_0044A-0305.pdf