
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Guntín
Parroquia: San Romao da Retorta
Lugar: San Romao da Retorta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Pequena igrexa situada a carón da vía romana XIX. De orixe románica, posiblemente do século XII. Construída en cadeirado de granito. A nave é rectangular, cuberta en lousa a dúas augas. A capela maior ten planta cadrada, a catro augas, e a sancristía, a tres augas, do século XVII, sitúase na cabeceira. No frontis atópase a porta principal con arco de medio punto con arquivoltas de baquetón, columnas, capiteis e tímpano liso. No aleiro vense algúns canzorros sen decorar. No interior consérvanse as esculturas dun calvario do século XVIII e unha escultura de San Román do século XVII.
Nas inmediacións ergueron a réplica dun miliario romano, cuxo orixinal foi levado para Astorga no último terzo do século XIX.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9560895794Lonxitude: -7.7526140213
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84