
Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Leiloio (Santa María)
Lugar: O Castro, Brión.
Outra denominación do ben: O Castro
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Este castro sitúase nun pequeno montículo a modo de espolón, na baixada occidental do Monte Neme, Perto do lugar de Brión, e coñecido como o lugar de O Castro. Situado a uns 213 metros sobre o nivel do mar, trátase dun asentamento que foi fortificado a través de dúas estruturas ovaladas, o recinto principal, duns 80 metros de diámetro norte-sur e 50 metros no eixo leste-oeste. O segundo recinto, concéntrico con respecto ó anterior, atópase defendido por un terraplén que acada uns tres metros de altura pola parte exterior sobre o que aparece un parapeto dun metro e medio máis ou menos. Ten unhas medidas duns 135 metros norte-sur e duns 100 metros leste-oeste. A croa ocupa unha superficie duns 3100 metros cadrados ocupando na súa totalidade uns 1`06 Ha máis ou menos. Semella ter un acceso pola parte norte e outra polo sur para o recinto exterior e cara o interior non se puido comprobar pola abundante vexetación existente. Na zona sur, pegado o castro, hai unha vivenda coas súas edificacións auxiliares.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MALPICADEBERGANTINOS/documents/26391CA001.PDF (páx.2).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2613484982Lonxitude: -8.75086903584
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84